Friday 17 de May de 2024

Día do Libro en San Sadurniño


En San Sadurniño levan desde primeira hora da mañá celebrando o Día do Libro con varias actividades que se desenvolven no claustro do Rosario, na Casa da Cultura, no CPI e tamén na EIM A Rolada.

A poeta Dores Tembrás, con raíces en Ferreira, impartiu dous obradoiros creativos para o alumnado do colexio, mentres que a contacontos Carmen Domech visitou tanto o centro de ensino como a escola infantil co seu espectáculo “Libros contentos”.

As propostas culturais proseguen até as 14:00h co intercambio de libros, o comentario de lecturas e o sorteo de agasallos relacionados coa literatura.